Foi en 1986 na fase final do mundial de México no Estadio Azteca ante cerca de 115.000 espectadores. Era o partido de cuartos de final que enfrontaba a Arxentina e a Inglaterra. Ese partido pasaría a ser recordado polos dous excepcionais goles marcados polo arxentino Diego Armando Maradona.
O primeiro gol foi apodado como a "mano de Dios" xa que o futbolista aproveitouse dun rexeite provocado por el mesmo que produxo que o balón saira despedido hacia arriba con dirección a área inglesa, mentres tanto Maradona correu hacia o porteiro e rematou co puño por encima deste que o superaba en 15 cm. de altura. O equipo inglés mentras tanto protestaba ó arbitro de maneira impotente.
Maradona foi visto como un heroe nacional, pois daquela Arxentina e Inglaterra estaban inmersas no conflito das Malvinas.
O segundo gol é o coñecido como "O gol do siglo" xa que Maradona recibiu o esférico no centro do campo e regateou a todo o conxunto inglés ata meterse case de foma literal dentro da portería co balón.
Deste modo rematou o partido 2-1 coa victoria de Arxentina. Inglaterra unha das favoritas do torneo tivo que regresar a casa impotentemente. O comportamento de Maradona sentou como unha ofrenta dentro do país insular mentres que na súa patria se converteu nun heroe.
Feliz ano 2013!!!!
Hace 12 años
1 comentario:
Moi interesante, ¿tivo algo que ver coa guerra das malvinas?
Publicar un comentario