Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2009

Execicios da páxina 97 (libro de texto)

EXERCICIOS DA PÁXINA 97

nº 26-
Analiza a orixe e o significado do termo e-learning. ¿Cal sería o seu equivalente en galego?

O termo e-learning é, en inglés, unha abreviatura extrema de electronic learning (a mesma abreviatura ca en e-mail), ou sexa, aprendizaxe electrónica en galego. Úsase para describir o sistema actual polo cal é posible realizar cursos por Internet, en línea, sen que sexa necesario desprazarse da casa.

nº 27- Averigua o significado das siglas MOODLE, e localiza o sitio oficial desta plataforma de e-learning.

A palabra Moodle é un acrónimo (unión das iniciais de varias palabras) de Modular Object-Oriented Dynamic Learning Environment (Entorno Modular de Aprendizaxe Dinámica Orientada a Obxectos).

A páxina oficial é a seguinte:
http://www.moodle.org/

lunes, 23 de febrero de 2009

Exercicios 4,5,6 da páxina 104

  • 4) Revisa as condicións de utilización das imaxes contidas no banco de imaxes do CNICE.

    Condiciones de uso
    El Banco de imágenes y sonidos es una iniciativa del Ministerio de Educación, Política Social y Deporte, llevada a cabo a través del Instituto Superior de Formación y Recursos en Red para el Profesorado, que tiene como objetivo fundamental poner a disposición de todo el conjunto de la comunidad educativa recursos audiovisuales que faciliten y estimulen el desarrollo de contenidos educativos.La utilización de los recursos del Banco de imágenes y sonidos es universal, gratuita y abierta, siempre y cuando se trate de un uso educativo no comercial. Las acciones, productos y utilidades derivadas de su utilización no podrán, en consecuencia, generar ningún tipo de lucro. Asimismo, es obligada la referencia a la fuente y al autor de la obra cuando se incluyan cualquiera de los documentos del Banco en materiales didácticos y formativos, según los criterios anteriormente expuestos.El disfrute de los contenidos del Banco de imágenes y sonidos supone la aceptación de estas condiciones de uso.

  • 5) Averigua se existe algunha páxina para a ensinanza do español como lingua extranxeira, análoga á mostrada nesta unidade, na que se pode atopar arqivos de tipo Podcast.

    http://www.podcastellano.es/
    http://www.spanishpod.com/
    http://www.e-espanol.org/

  • 6) Investiga se na túa comunidade autónoma podese cursar o Bacharelato a distancia por internet.

    Non
    , en Galicia aínda non se pode cursar o bacharelato por internet. Esta opción apareceu o ano pasado nas comunidades de Canarias e Aragón, onde se está a desenvolver este proxecto. En Galicia existe a opción de facer o bacharelato a distancia. Podes consultar máis información na páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/.

miércoles, 18 de febrero de 2009

miércoles, 3 de diciembre de 2008

O Galego

FALA GALEGO NA CLASE, É UN DEREITO DE TODOS.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Código Binario

ENRIQUE:01000101010011100101001001001001010100010101010101000101
DÍAZ:0100010001100000010010010100000101011010
ZUAZA: 0101101001010101010000010101101001000001

RAÚL:0101001001000001011000000101010101001100
SANDOMINGO:0101001101000001010011100100010001001111010011
0101001001010011100100011101001111
FREIRE:010001100101001001000101010010010101001001000101

Bits do nome Enrique Díaz Zuaza: 136.
Bits do nome Raúl Sandomingo Freire: 168.

Bytes do nome Enrique Díaz Zuaza: 17.
Bytes do nome Raúl Sandomingo Freire: 21.

Cantos disquetes de 5¼ caben nun disco de 20 GB?
20480 QD (1,2 MB)

Cantos disquetes de 3
½ caben nunha memoria flash de 1 GB?
711 DD (1,44 MB)
35 HD (2,88 MB)
Idades en código binario: 10000 = 16 anos

viernes, 28 de noviembre de 2008

sábado, 22 de noviembre de 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

lunes, 10 de noviembre de 2008

Presentación: Feitos en 2008

Check out this SlideShare Presentation:
Feitos Acontecidos en 2008
View SlideShare presentation or Upload your own.

domingo, 9 de noviembre de 2008

ACOSO ESCOLAR (JOKIN)

Si Jokin se houbese enfrentado os compañeiros que o humillaban: Segundo a información facilitada polo blog, os acosadores eran oito. Probablemente, dada a inferioridade numérica, saíra perdendo -«Yo no puedo darles, porque luego será peor [...]»-.

Si os compañeiros o houbesen defendido: Seguramente se evitaría o fatal desenlace e se crearían na clase dúas faccións: os acosadores e Jokin cos seus defensores, algo que lle daría ó conflito unha dimensión multitudinaria.

Si os profesores o houbesen detectado a tempo: Intervirían na situación para cortala de inmediato, dada a gravidade da mesma. Claro que, por outra banda, é moi difícil decatarse diso nun lapso tan curto (uns días).

Si intentase denunciar os feitos con discreción: Quizais se tomarían medidas en forma de sancións para os acosadores de forma que os feitos non se volveran repetir.

martes, 4 de noviembre de 2008

ACOSO ESCOLAR

¿Credes que a violencia e a solución aos conflitos entre compañeiros?

Non, porque a violencia non resolverá nunca nada. A solución ós conflitos reside no diálogo con talante, xa que a violencia só xenera máis violencia e non solventa ningunha discrepancia. É fundamental encontrar puntos en común entre as diferentes partes.

¿Mediariades nun conflicto entre compañeiros para evitar situacións deste tipo?

Normalmente si, os alumnos deben ser bos compañeiros e axudarse reciprocamente para evitar desenlaces fatales como no cas de Jokin. É especialmente relevante cando os implicados son persoas coñecidas.

¿Credes que a xuventude de hoxe en día está mais crispada e bota man da violencia a miúdo?

É posible. A causa máis importante podería ser que os pais están a maior parte do tempo fóra de casa, os nenos fican sós e a televisión é, nalgúns casos, a principal educadora. A peza fundamental da educación son os pais, algo que ás veces esquécese.

¿A expulsión do centro é unha solución?

Depende. Pode ser que unha persoa teña moitos problemas con outra, aínda que isto é minoritario. Na maioría das ocasións, a capacidade de dar problema está supeditada a algunhas persoas, co cal a expulsión non sería útil.

¿Evitará que se volva a repetir?

Como xa se dixo anteriormente, se hai unha persoa especialmente problemática, a única solución son as represalias a nivel educativo para correxir a súa actitude. En caso contrario, si podería ser útil.

viernes, 17 de octubre de 2008

Opinión persoal sobre as posibilidades e riscos das TIC.

Na miña opinión, as TIC son uns dos elementos fundamentais da vida cotiá; sen elas, a vida actual sería moi difícil. Grazas ós avances deste tipo de tecnoloxías podémonos comunicar ou coñecer novas dende calquer punto do mundo nun instante.
Acadaron xa unha gran difusión no mundo contemporáneo e sírvennos como ferramentas de traballo.
Pero todo beneficio tamén ten os seus riscos, en Internet podemos atopar de maneira fortuíta todo tipo de información non desexada como os SPAM. A nosa intimidade pode verse en perigo con moita facilidade e poñer dalgunha forma riscos na nosa vida.
Pero de todas formas as TIC fan do mundo un lugar mellor.

Deica logo

lunes, 6 de octubre de 2008

ACTIVIDADES #2

  1. ¿Que significan as iniciais TCP/IP?
    Protocolo de Control de Transmisión/Protocolo de Internet.


  2. ¿Para que serve este protocolo?
    Para enviar información entre ordenadores por diferentes rutas, co obxectivo de poder sobrevivir a unha destrución parcial do sistema.


  3. Explica como funcionan os CD.
    A información queda rexistrada en pequenos orificios lonxitudinais e non en sucos espirais, coma nos discois de vinilo. Ademais, a lectura non se leva a cabo mediante unha agulla, senón a través dun raio láser, co que o disco non sofre danos

  4. ¿Que é a tecnoloxía xDSL?
    É unha tecnoloxía que permite utilizar o par de cobre dunha liña telefónica analóxica en liñas de alta velocidade. Ademais, fai posible que unha única liña poida ser empregada á súa vez para acceder a Internet e para manter unha conversación telefónica.


  5. ¿En que se diferencia a anterior da tecnoloxía inalámbrica?
    En que se poden conectar dispositivos a ordenadores e mesmo ordenadores entre si sen necesidade de cables, xa que a información se transmite por ondas de radio de baixa frecuencia.


  6. ¿Cales son os actuais sistemas inalámbricos?
    Os sistemas WiMAX de longo alcance. Son sistemas que se proban en lugares illados (veleros de regatas, plataformas petrolíferas, etc.) para establecer comunicacións co continente.

martes, 30 de septiembre de 2008

A biotecnoloxía e a bioinformática


A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinar que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, inxeniería, física, química, medicina y veterinaria entre outras. Ten grande repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minaría e a agricultura entroutros campos.


A bioinformática, segundo unha das súas definicións máis sinxelas, é a aplicación de tecnoloxía de computadoras á xestión e análise de datos biolóxicos. Os términos bioinformática, bioloxía computacional e, en ocasións, biocomputación, utilizados en moitas situacións como sinónimos, fan referencia a campos de estudos interdisciplinarios moi vinculados, que requiren o uso ou o desenrolo de diferentes técnicas que inclúen informática, matemática aplicada, estatística, ciencias da computación, intelixencia artificial, química e bioquímica para solucionar problemas, analizar datos, ou simular sistemas ou mecanismos, todos eles de índole biolóxica, e usualmente (pero non de forma exclusiva) no nivel molecular. O núcleo principal destas técnicas atópase na utilización de recursos computacionais para solucionar ou investigar problemas sobre escalas de tal magnitude que sobrepasan ó discernimento humano. A investigación en bioloxía computacional solápase a miúdo coa bioloxía de sistemas.

lunes, 29 de septiembre de 2008

Radiofrecuencia

O termo radiofrecuencia, tamén denominado espectro de radiofrecuencia ou RF, aplícase á porción menos enerxética do espectro electromagnético, situada entre uns 3 Hz e uns 300 GHz. As ondas electromagnéticas desta rexión do espectro pódense transmitir aplicando a corrente alterna orixinada nun xerador a unha antena.

A partir de 1 GHz as bandas entran dentro do espectro das microondas. Por encima de 300 GHz a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera terrestre é tan alta que a atmosfera vólvese opaca a ela, ata que, nos denominados rangos de frecuencia infrarrojos e ópticos, volve de novo a ser transparente.

BLUETOOTH

Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.

Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .

O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth.