lunes, 6 de octubre de 2008

ACTIVIDADES #2

  1. ¿Que significan as iniciais TCP/IP?
    Protocolo de Control de Transmisión/Protocolo de Internet.


  2. ¿Para que serve este protocolo?
    Para enviar información entre ordenadores por diferentes rutas, co obxectivo de poder sobrevivir a unha destrución parcial do sistema.


  3. Explica como funcionan os CD.
    A información queda rexistrada en pequenos orificios lonxitudinais e non en sucos espirais, coma nos discois de vinilo. Ademais, a lectura non se leva a cabo mediante unha agulla, senón a través dun raio láser, co que o disco non sofre danos

  4. ¿Que é a tecnoloxía xDSL?
    É unha tecnoloxía que permite utilizar o par de cobre dunha liña telefónica analóxica en liñas de alta velocidade. Ademais, fai posible que unha única liña poida ser empregada á súa vez para acceder a Internet e para manter unha conversación telefónica.


  5. ¿En que se diferencia a anterior da tecnoloxía inalámbrica?
    En que se poden conectar dispositivos a ordenadores e mesmo ordenadores entre si sen necesidade de cables, xa que a información se transmite por ondas de radio de baixa frecuencia.


  6. ¿Cales son os actuais sistemas inalámbricos?
    Os sistemas WiMAX de longo alcance. Son sistemas que se proban en lugares illados (veleros de regatas, plataformas petrolíferas, etc.) para establecer comunicacións co continente.

1 comentario:

Tareixa dijo...

Moi ben, pero boto en falta algunha imaxe.