martes, 30 de septiembre de 2008

A biotecnoloxía e a bioinformática


A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinar que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, inxeniería, física, química, medicina y veterinaria entre outras. Ten grande repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minaría e a agricultura entroutros campos.


A bioinformática, segundo unha das súas definicións máis sinxelas, é a aplicación de tecnoloxía de computadoras á xestión e análise de datos biolóxicos. Os términos bioinformática, bioloxía computacional e, en ocasións, biocomputación, utilizados en moitas situacións como sinónimos, fan referencia a campos de estudos interdisciplinarios moi vinculados, que requiren o uso ou o desenrolo de diferentes técnicas que inclúen informática, matemática aplicada, estatística, ciencias da computación, intelixencia artificial, química e bioquímica para solucionar problemas, analizar datos, ou simular sistemas ou mecanismos, todos eles de índole biolóxica, e usualmente (pero non de forma exclusiva) no nivel molecular. O núcleo principal destas técnicas atópase na utilización de recursos computacionais para solucionar ou investigar problemas sobre escalas de tal magnitude que sobrepasan ó discernimento humano. A investigación en bioloxía computacional solápase a miúdo coa bioloxía de sistemas.

lunes, 29 de septiembre de 2008

Radiofrecuencia

O termo radiofrecuencia, tamén denominado espectro de radiofrecuencia ou RF, aplícase á porción menos enerxética do espectro electromagnético, situada entre uns 3 Hz e uns 300 GHz. As ondas electromagnéticas desta rexión do espectro pódense transmitir aplicando a corrente alterna orixinada nun xerador a unha antena.

A partir de 1 GHz as bandas entran dentro do espectro das microondas. Por encima de 300 GHz a absorción da radiación electromagnética pola atmosfera terrestre é tan alta que a atmosfera vólvese opaca a ela, ata que, nos denominados rangos de frecuencia infrarrojos e ópticos, volve de novo a ser transparente.

BLUETOOTH

Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables.

Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática. A última versión dispoñible e a 2.0, pero a máis popular é aínda a anterior, a 1.2 .

O nome procede do rei danés Harald Blåtand que traducido ao inglés sería Harold Bluetooth.


Wi-Fi


Wi-fi (de Wireless Fidelity), tamén Wireless ("sen fío") é o termo usado en xeral para a transmision de dados, sen fíos e por ondas de radio en frecuencias non reservadas para outros fins específicos.

É precisamente polo feito de seren frecuencias abertas, que non necesitan de licenza ou autorización do regulador das comunicacións para operar, ao contrario das demais áreas de negocio, o que as torna tan atractivas.

viernes, 26 de septiembre de 2008

A Domótica


O término domótica provén da unión das palabras domus (que significa casa en latín) e tica (de automática, palabra en grego, 'que funciona por sí sola'). Se entende por domótica ó conxunto de sistemas capaces de automatizar unha vivenda, aportando servicios de xestión enerxética, seguridad, benestar e comunicación, e que poden estar integrados por medio de redes interiores e exteriores de comunicación, cableadas ou inalámbricas, e cuxo control goza de certa ubicuidad, dende dentro e fora do fogar. Se podería definir como a integración da tecnoloxía no diseño intelixente dun recinto.

A Fibra Óptica.





A fibra óptica é un condutor de ondas en forma de filamento, xeralmente de vidro, aínda que tamén pode ser de materiais plásticos. A fibra óptica é capaz de dirixir a luz ó longo da súa lonxitude usando a reflexión total interna. Normalmente a luz é emitida por un láser ou un LED.


Vantaxes da FIBRA ÓPTICA con respecto ó cable de cobre ou Coaxial:






  • As fibras son ampliamente utilizadas en telecomunicacións, xa que permiten enviar unha grande cantidade de datos a gran velocidade, maior que nas comunicacións de radio e cable.
  • O seu ancho de banda é moi grande (teóricamente de ata 1 THz), mediante técnicas de multiplexación por división de frecuencias (WDM/DWDM), que permiten enviar ata 100 haces de luz (cada un cunha lonxitude de onda diferente) a una velocidade de 10 Gb/s cada un por unha mesma fibra, se chegan a obter velocidades de transmisión totais de 10 Tb/s.
  • É inmune totalmente ás interferencias electromagnéticas.
  • É segura, xa que podese instalar en lugares onde haxa sustancias perigosas ou inflamables, xa que non transmite a electricidade.


Ten algunhas desvantaxes como son a súa fraxilidade, a imposibilidade de transmitir a electricidade e o seu elevado costo.

Presentación

Ola este é o noso blog, foi creado dende a nosa clase de T.I.C. Nas próximos semanas introduciremos de forma habitual información e noticias da nosa clase de TIC