martes, 23 de diciembre de 2008

RED ALERT 3

Un dos xogos para PC máis recomendables neste Nadal é, sen dúbida, Red Alert 3, parte da saga Command & Conquer: Red Alert. Segue a liña dos seus antecesores (o conflito entre aliados e soviéticos), pero incorpora unha nova facción: os xaponeses.

Unha mostra da espectacularidade á que está orientada a saga Red Alert é ésta:

viernes, 12 de diciembre de 2008

Chega o gran derbi: Barça-Real Madrid

Tras moita espera, por fin chega o gran derbi do fútbol español, o Barça-Real Madrid, un partido que non deixa indiferente a ninguén.
O Madrid chega ó partido inmerso nunha grande crise, trala destitución de Schuster e a chegada de Juan de Ramos. O novo entrenador busca o asalto do Camp Nou ó que chega con numerosas baixas que lle obrigan a contar na convocatoria con ata catro canteranos.

Juande non podería comezar mellor no seu novo club tras gañar ó Zenit por 3-0 no último partido da fase de grupos da champions. A titularidade de Dudek na convocatoria fixo dudar á afición do Real Madrid, pero xa se confirmou que Casillas, un dos indiscutibles, xogará mañá en Barcelona.

O capitan do equipo merengue, Raúl, advirtiu que o Madrid non está nin moito menos "morto", xa que o equipo está confiado da posibilidade de derrrotar ó todopoderoso FC Barcelona.

Pola nosa parte, esperamos a victoria do Real Madrid e que salga dunha vez deste bache no que se atopa.

Ata logo...

martes, 9 de diciembre de 2008

NOVIDADES NO REAL MADRID

Juande Ramos é xa oficialmente o novo adestrador da entidade branca para esta temporada e, se consigue bos resultados, pode renovar por 1 ou 2 máis. Bernd Schuster foi destituído hoxe mesmo e tamén se anunciou a contratación do ex do Sevilla e do Tottenham.


Aínda que desde algúns medios xa se falara desa posible destitución despois do partido Valladolid- R. Madrid (1-0), a destitución de Bernd Schuster como adestrador do Real Madrid empezouse a xestar trala polémica rolda de prensa que ofreceu o alemán despois da derrota ante o Sevilla no Bernabéu (3-4), na que afirmou que "era imposible gañar no Camp Nou" e que "intentarían ter unha boa actuación".

O caso é que, co plantel existente, Schuster estaba facendo milagres para manter ó equipo en zona europea, e só ten unha mínima responsabilidade da crise que sofre o clube actualmente.

Este feito únese ás falcatruadas do tándem Calderón-Mijatovic: ridículo espantoso na Asamblea de Socios Compromisarios, manipulación das contas do clube (segundo afirmou o sr. Villaverde, un dos socios nesa Asamblea) e mala xestión do equipo (durante este verán, marcharon Robinho e Baptista sen que foran reemplazados; a banda dereita quedou orfa). Todo isto sen esquecer as críticas de Míchel trala súa dimisión.


Ademais, a fichaxe do nove holandés Klaas-Jan Huntelaar realizouse forzadamente, pola lesión de Van Nistelrooy, e foi encarecida pola incontinencia verbal de Calderón: segundo apuntou o periodista Javier Ares en Onda Cero, estaba case fichado por 16 millóns, pero o prezo subiu a 20 millóns porque Calderón anunciou a fichaxe cando aínda non estaba totalmente pechada. Ninguén dubida da calidade de Huntelaar, pero é un xogador cuxo equipo debería xogar por bandas, e aquí lévase varios anos sen bandas: hoxe en día, só hai un extremo claro no equipo: Robben.

Fonte: elaboración propia e marca.com

miércoles, 3 de diciembre de 2008

O Galego

FALA GALEGO NA CLASE, É UN DEREITO DE TODOS.

lunes, 1 de diciembre de 2008

Código Binario

ENRIQUE:01000101010011100101001001001001010100010101010101000101
DÍAZ:0100010001100000010010010100000101011010
ZUAZA: 0101101001010101010000010101101001000001

RAÚL:0101001001000001011000000101010101001100
SANDOMINGO:0101001101000001010011100100010001001111010011
0101001001010011100100011101001111
FREIRE:010001100101001001000101010010010101001001000101

Bits do nome Enrique Díaz Zuaza: 136.
Bits do nome Raúl Sandomingo Freire: 168.

Bytes do nome Enrique Díaz Zuaza: 17.
Bytes do nome Raúl Sandomingo Freire: 21.

Cantos disquetes de 5¼ caben nun disco de 20 GB?
20480 QD (1,2 MB)

Cantos disquetes de 3
½ caben nunha memoria flash de 1 GB?
711 DD (1,44 MB)
35 HD (2,88 MB)
Idades en código binario: 10000 = 16 anos