viernes, 28 de noviembre de 2008

jueves, 27 de noviembre de 2008

Pleno na Champions League

O fútbol español volve estar de enhoraboa en Europa. A falta dunha xornada para que remate a fase de grupos da Champions Real Madrid, Barça, Villareal e Atlético xa están clasificado matematicamente para os octavos de final. Un pleno que non se acadaba dende hai cinco anos.

O Atlético gañou 2-1 ó PSV tras xogar un partido nun Calderón compretamente baleiro pola sanción inxusta posta por Platini e a UEFA.


O Barcelona gañou máis ampliamente cun contundente 5-2 contra o Sporting de Portugal.


Esperamos que os nosos equipos teñan a mesma sorte nas sucesivas eliminatorias desta grande competición.

Deica logo.

martes, 25 de noviembre de 2008

25/11 - Día contra a violencia de xénero


Hoxe é un día especial para todas as mulleres, xa que é o día no que se simboliza a loita pola igualdade contra o home. É difícil de entender como homes poden agredir, física ou psicoloxicamente, ás mulleres nunha sociedade en vía de igualdade dos dereitos entre persoas de diferentes sexos.
Ademais a figura dun home que golpea a unha muller ennegrece o mundo en xeral, é unha vergoña para todos.
Grazas a deus, existen números de axuda (016) para que as mulleres maltratadas podan ser escoitadas sen temor a que os seus maridos tomen represalias. Todo o mundo está realizando un grande labor social

Esperamos a pronta recuperación do profesor Jesús Neyra, brutalmente agredido cando intentaba protexer a unha muller da agresión do seu noivo. Eses son os valores que demanda a sociedade.



sábado, 22 de noviembre de 2008

lunes, 10 de noviembre de 2008

Presentación: Feitos en 2008

Check out this SlideShare Presentation:
Feitos Acontecidos en 2008
View SlideShare presentation or Upload your own.

domingo, 9 de noviembre de 2008

ACOSO ESCOLAR (JOKIN)

Si Jokin se houbese enfrentado os compañeiros que o humillaban: Segundo a información facilitada polo blog, os acosadores eran oito. Probablemente, dada a inferioridade numérica, saíra perdendo -«Yo no puedo darles, porque luego será peor [...]»-.

Si os compañeiros o houbesen defendido: Seguramente se evitaría o fatal desenlace e se crearían na clase dúas faccións: os acosadores e Jokin cos seus defensores, algo que lle daría ó conflito unha dimensión multitudinaria.

Si os profesores o houbesen detectado a tempo: Intervirían na situación para cortala de inmediato, dada a gravidade da mesma. Claro que, por outra banda, é moi difícil decatarse diso nun lapso tan curto (uns días).

Si intentase denunciar os feitos con discreción: Quizais se tomarían medidas en forma de sancións para os acosadores de forma que os feitos non se volveran repetir.

martes, 4 de noviembre de 2008

ACOSO ESCOLAR

¿Credes que a violencia e a solución aos conflitos entre compañeiros?

Non, porque a violencia non resolverá nunca nada. A solución ós conflitos reside no diálogo con talante, xa que a violencia só xenera máis violencia e non solventa ningunha discrepancia. É fundamental encontrar puntos en común entre as diferentes partes.

¿Mediariades nun conflicto entre compañeiros para evitar situacións deste tipo?

Normalmente si, os alumnos deben ser bos compañeiros e axudarse reciprocamente para evitar desenlaces fatales como no cas de Jokin. É especialmente relevante cando os implicados son persoas coñecidas.

¿Credes que a xuventude de hoxe en día está mais crispada e bota man da violencia a miúdo?

É posible. A causa máis importante podería ser que os pais están a maior parte do tempo fóra de casa, os nenos fican sós e a televisión é, nalgúns casos, a principal educadora. A peza fundamental da educación son os pais, algo que ás veces esquécese.

¿A expulsión do centro é unha solución?

Depende. Pode ser que unha persoa teña moitos problemas con outra, aínda que isto é minoritario. Na maioría das ocasións, a capacidade de dar problema está supeditada a algunhas persoas, co cal a expulsión non sería útil.

¿Evitará que se volva a repetir?

Como xa se dixo anteriormente, se hai unha persoa especialmente problemática, a única solución son as represalias a nivel educativo para correxir a súa actitude. En caso contrario, si podería ser útil.