martes, 30 de septiembre de 2008

A biotecnoloxía e a bioinformática


A biotecnoloxía é a tecnoloxía baseada na bioloxía, especialmente usada en agricultura, farmacia, ciencia dos alimentos, ciencias forestais e medicina. Desenvólvese nun enfoque multidisciplinar que involucra varias disciplinas e ciencias como bioloxía, bioquímica, xenética, viroloxía, agronomía, inxeniería, física, química, medicina y veterinaria entre outras. Ten grande repercusión na farmacia, a medicina, a microbioloxía, a ciencia dos alimentos, a minaría e a agricultura entroutros campos.


A bioinformática, segundo unha das súas definicións máis sinxelas, é a aplicación de tecnoloxía de computadoras á xestión e análise de datos biolóxicos. Os términos bioinformática, bioloxía computacional e, en ocasións, biocomputación, utilizados en moitas situacións como sinónimos, fan referencia a campos de estudos interdisciplinarios moi vinculados, que requiren o uso ou o desenrolo de diferentes técnicas que inclúen informática, matemática aplicada, estatística, ciencias da computación, intelixencia artificial, química e bioquímica para solucionar problemas, analizar datos, ou simular sistemas ou mecanismos, todos eles de índole biolóxica, e usualmente (pero non de forma exclusiva) no nivel molecular. O núcleo principal destas técnicas atópase na utilización de recursos computacionais para solucionar ou investigar problemas sobre escalas de tal magnitude que sobrepasan ó discernimento humano. A investigación en bioloxía computacional solápase a miúdo coa bioloxía de sistemas.

1 comentario:

Unknown dijo...

A ver si poneis alguna entrada de fútbol.
Nos vemos.