¿Credes que a violencia e a solución aos conflitos entre compañeiros?
Non, porque a violencia non resolverá nunca nada. A solución ós conflitos reside no diálogo con talante, xa que a violencia só xenera máis violencia e non solventa ningunha discrepancia. É fundamental encontrar puntos en común entre as diferentes partes.
¿Mediariades nun conflicto entre compañeiros para evitar situacións deste tipo?
Normalmente si, os alumnos deben ser bos compañeiros e axudarse reciprocamente para evitar desenlaces fatales como no cas de Jokin. É especialmente relevante cando os implicados son persoas coñecidas.
¿Credes que a xuventude de hoxe en día está mais crispada e bota man da violencia a miúdo?
É posible. A causa máis importante podería ser que os pais están a maior parte do tempo fóra de casa, os nenos fican sós e a televisión é, nalgúns casos, a principal educadora. A peza fundamental da educación son os pais, algo que ás veces esquécese.
¿A expulsión do centro é unha solución?
Depende. Pode ser que unha persoa teña moitos problemas con outra, aínda que isto é minoritario. Na maioría das ocasións, a capacidade de dar problema está supeditada a algunhas persoas, co cal a expulsión non sería útil.
¿Evitará que se volva a repetir?
Como xa se dixo anteriormente, se hai unha persoa especialmente problemática, a única solución son as represalias a nivel educativo para correxir a súa actitude. En caso contrario, si podería ser útil.
Feliz ano 2013!!!!
Hace 12 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario