O fútbol español volve estar de enhoraboa en Europa. A falta dunha xornada para que remate a fase de grupos da Champions Real Madrid, Barça, Villareal e Atlético xa están clasificado matematicamente para os octavos de final. Un pleno que non se acadaba dende hai cinco anos.
O Atlético gañou 2-1 ó PSV tras xogar un partido nun Calderón compretamente baleiro pola sanción inxusta posta por Platini e a UEFA.
O Barcelona gañou máis ampliamente cun contundente 5-2 contra o Sporting de Portugal.

Esperamos que os nosos equipos teñan a mesma sorte nas sucesivas eliminatorias desta grande competición.
Deica logo.