Juande Ramos é xa oficialmente o
novo adestrador da entidade branca para esta temporada e, se consigue bos resultados, pode renovar por 1 ou 2 máis. Bernd Schuster foi destituído hoxe mesmo e tamén se anunciou a contratación do ex do Sevilla e do Tottenham.

Aínda que desde algúns medios xa se falara desa posible destitución despois do partido Valladolid- R. Madrid (1-0), a
destitución de Bernd Schuster como adestrador do Real Madrid empezouse a xestar trala polémica rolda de prensa que ofreceu o alemán despois da derrota ante o Sevilla no Bernabéu (3-4), na que afirmou que "era imposible gañar no Camp Nou" e que "intentarían ter unha boa actuación".
O caso é que, co plantel existente, Schuster estaba facendo milagres para manter ó equipo en zona europea, e só ten unha mínima responsabilidade da crise que sofre o clube actualmente.
Este feito únese ás falcatruadas do tándem
Calderón-Mijatovic: ridículo espantoso na
Asamblea de Socios Compromisarios, manipulación das contas do clube (segundo afirmou o sr. Villaverde, un dos socios nesa Asamblea) e mala xestión do equipo (durante este verán, marcharon Robinho e Baptista sen que foran reemplazados; a banda dereita quedou orfa). Todo isto sen esquecer as críticas de
Míchel trala súa dimisión.

Ademais, a fichaxe do nove holandés Klaas-Jan
Huntelaar realizouse forzadamente, pola lesión de Van Nistelrooy, e foi encarecida pola incontinencia verbal de Calderón: segundo apuntou o periodista Javier Ares en Onda Cero, estaba case fichado por 16 millóns, pero o prezo subiu a 20 millóns porque Calderón anunciou a fichaxe cando aínda non estaba totalmente pechada. Ninguén dubida da calidade de Huntelaar, pero é un xogador cuxo equipo debería xogar por bandas, e aquí lévase varios anos sen bandas: hoxe en día, só hai un extremo claro no equipo: Robben.
Fonte: elaboración propia e marca.com